As miñas novas marabillas do mundo

Antes de nada: esta é unha tarefa que realizarás empregando a lingua galega.

Consiste en elaborar unha presentación de diapositivas das tres novas marabillas do mundo que ti escollas.

Ferramentas:

Podes empregar o Open Office do teu computador ou esta aplicación en liña (require rexistro). Se tes conta de Google (gmail), proba aquí.

Proceso:

1. Infórmate sobre as Novas marabillas do mundo e o proceso de selección. A seguir, elixe as tres que máis che gusten.
2. Recolle información sobre esas tres construcións: que son (de que tipo), onde se atopan, en que época se construíron, curiosidades… Elabora unha ficha para cada unha desas marabillas sen reproducir as oracións das fontes (valorarase isto).
3. Procura varias imaxes libres (coma as da Wikipedia) para cada monumento, cando menos unha do conxunto e outra que amose a súa situación xeográfica na rexión ou no mapamundi.
4. Compón as diapositivas combinando títulos, imaxes e datos ou explicacións. Non acumules moito texto nunha única diapositiva; podes dedicar unha para cada un dos aspectos sobre os que tes información. Por exemplo:

    • diapositiva 1: nome do monumento
    • diapositiva 2: características básicas
    • diapositiva 3: situación xeográfica
    • diapositiva 4: época e modo de construción
    • diapositiva 5: algunha curiosidade

Apoio:

Para facer unha presentación adecuada, atende estas indicacións:

Presentacións educativas de A profa
Os criterios para avaliar a tarefa son:
– elabórase unha presentación con tres marabillas do mundo ou determinado espazo xeográfico;
– esa presentación inclúe varias diapositivas para cada marabilla e mais dúas de apertura (co título) e peche (coas fontes de información e orixe das imaxes);
– as diapositivas centrais seguen un mesmo formato, con varias imaxes e texto informativo claro acompañándoas;
– o texto achega información sobre, cando menos, a caracterización, a situación e as orixes construtivas;
– a redacción é minimamente persoal e correcta;
– a presentación publícase na rede e incrústase ou lígase desde unha anotación no blogue.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s