Diario de reseñas 2.2

Para continuar compoñendo despois de realizar as partes de identificación.

Trátase dunha adaptación dunha secuencia elaborada polo profesor Carlos Díez.

Trátase de rematar a reseña coas partes da valoración: cualificación + análise con comentario sobre o seu valor + recomendación.

3. CUALIFICACIÓN

Entramos, logo, na parte valorativa. De inicio, vas darlle unha puntuación ao relato, segundo os teus gustos. Escolle unha escala (aquí hai exemplos de varias: números, estrelas…) e anota no teu post a cualificación outorgada. Ollo, despois terás que xustificala.

4. CRÍTICA

Nesta parte a reseña transfórmase nun xénero de opinión, cunha linguaxe máis persoal para expresar gustos, sensacións e xuízos valorativos propios -tanto positivos como negativos- sobre os aspectos máis significativos da obra (neste caso, relato). Estas valoracións xustifícanse achegando razóns (non abonda con dicir “gústame” ou “non me gusta”, hai que engadir “por qué”).

Pensa nos lectores e escribe a crítica atendendo estas cuestións:

1. Valora o relato globalmente
Expresións e adxectivos cualificativos posíbeispracenteiro, entretido, interesante (mantén o interese, fai reflexionar sobre…), divertido (ten sentido do humor), sorprendente (chama a atención…), atractivo, terrorífico, inquietante, intenso, intimista, aburrido, monótono, insatisfactorio (deixa insatisfeito, defrauda…), etc.
2. Razóns da valoración a. Marcadores textuais causais: porque, xa que, posto que, grazas a, por, debido a, como consecuencia de, resultado de, etc.

+

b. Aspectos concretos que xustifican a valoración: o tema é pouco próximo a nós ou ben próximo; non ou si conmove; o argumento é demasiado intrincado, incoherente, enigmático ou doado de seguir; a acción é trepidante, con suspense ou apenas hai acción; as descricións son demasiado minuciosas, as xustas ou fanse a grandes trazos; os personaxes son planos ou complexos; a linguaxe é sinxela ou difícil de entender; o desenlace é previsíbel ou non; a forma de contar a historia é orixinal ou típica, etc.

3. Exemplos do propio texto
a. Marcadores textuais de exemplificación: por exemplo, así en…, a saber, poñamos por caso, valla como exemplo, concretamente, en concreto, etc.

+

b. Selección de partes da obra como proba das razóns usadas antes.

5. RECOMENDACIÓN

Por último, como conclusión do post, formula a túa recomendación; isto é, convence aos lectores de que lean -ou non- o relato. Faino así:

Recomendo a lectura deste relato a:

 1 Destinatarios aos que pode gustar ou interesar:
…aos afeccionados ás historias de terror, aos  namorados, aos lectores sensíbeis, aos amantes da aventura, aos que gozan coa fantasía…
 2 Razóns polas que pode gustar ou interesar (algún aspecto sinalado antes): …por amosar problemas dos adolescentes, polo seu sentido do humor, pola súa fácil lectura…
 3 Situación (cando, onde, como) apropiada de lectura: …ideal para ler nas vacacións, cando estás deprimido, como lectura en grupo arredor dunha fogueira…

Revisa o contido e a expresión, pon categoría e etiquetas e publica a anotación de blogue.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s