Os xéneros xornalísticos II

xornalpor

Para realizar só cando estea rematado Xéneros xornalísticos I

Empregaranse fontes en galego e redactarase tamén nesta lingua

Agora imos manexar os textos de actualidade. Entre toda a aula, confeccionaremos un mural con exemplos para cada un dos principais xéneros: un mural cunha noticia seleccionada por cada un/unha de vós, outro mural con entrevistas… Cada un dos textos presentarase resumindo o seu contido. Recoméndase abordar a procura e facer a presentación xénero a xénero.

ONDE LOCALIZAR OS TEXTOS

En calquera medio (escrito ou audiovisual) dos presentes na recompilación Prensa en galego

ONDE COLGALOS E COMO

Os exemplos (un de cada alumn@) inseriranse nos seguintes muros, con ligazón e resumo do contido. Os sitios xa conteñen os recursos e mais un modelo.

O BÁSICO SOBRE O RESUMO

    • Selecciona só o máis importante. Xeneraliza e non te deteñas en detalles.
    • Evita a primeira persoa e as opinións propias.
    • Usa as túas propias palabras, non copies frases literais do texto. 
    • Non escribas frases soltas, emprega os conectores adecuados para ligar as informacións.
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s