Os marcadores sociais son aplicacións para gardar online, organizar e compartir os nosos sitios favoritos. Algúns dos servizos máis coñecidos son Delicious, Diigo, Mister Wong ou Pinterest. Para comprender como funcionan, podes ver:
Imos manexar un servizo de marcadores, Clipboard, que nos servirá máis adiante para ter accesíbeis fontes de información -fiábeis- necesarias para compoñer textos. Para iso, seguimos os seguintes pasos. Pero antes de comezar, centra unha temática sobre a que che interese investigar e saber máis.
1ª parte
Accedemos a Clipboard e creamos unha conta. Despois de activala desde o correo, procura os demais compañeiros/as e faite seguidor deles. Iso permitirache aproveitar a escolla de fontes que fagan.
Tamén terás que situar no navegador o botón que nos permitirá logo engadir favoritos (indicado deste xeito en Clipboard). Despois só haberá que premer no botón ao estar na páxina que nos interesa marcar.
2ª parte
Toca agora escoller as fontes de información sobre o tema que escolliches e que se van rexistrar. Para iso, cómpre:
- Buscar de maneira eficiente: dentro do servizo de marcadores navegando polas etiquetas máis precisas, no buscador empregando estratexias coma estas.
- Avaliar a fiabilidade dos sitios, segundo estes criterios xerais. (Máis orientacións,aquí).
Quédate coas tres ou catro fontes máis interesantes e fiábeis que atopes, que terás que rexistrar logo en Clipboard.
3ª parte
A continuación, rexistramos as fontes engadindo as etiquetas máis precisas posíbeis para despois recuperalas. Dúas advertencias iniciais para a etiquetaxe:
1) empregaremos fundamentalmente substantivos e adxectivos;
2) Clipboard non acepta tiles nas etiquetas, esixe o signo # antes da palabra (por exemplo: #prensa, #guia) e garda como privado de maneira predeterminada (polo que premeremos en Publish antes de Salvar).
Seguiremos estas claves para poñer de cada unha delas unha etiqueta polo menos:
- Que é o que contén a páxina: que ferramenta, medio de comunicación ou xénero textual? Un documento, unha presentación, unha anotación, un titorial, unha entrada enciclopédica…?
- De que trata: cal é o tema xeral? A emigración, os usos didácticos, un proxecto escolar, a crise económica…?
- Cales son os subtemas? A pobreza, o éxodo, Twitter, lingua, dinamización,alumnado, desafiuzamentos, recortes…?
- Para que nos vai servir? Para unha introdución, para ilustración, para ligazón, para achegar unha experiencia…?
Hai exemplos axustados no usuario xanocebreiro.