Imos elaborar un folleto que achegue información e consellos sobre os blogues e redes sociais. Pero centrándonos no seu lado positivo, en propostas de uso produtivo. Tomará o formato dun tríptico e, se consegues que teña suficiente calidade e interese, publicarase e difundirase desde a revista dixital do IES.
Velaquí os pasos que hai que seguir:
- Análise dun modelo real
- Traballo coas fontes de información
- Elaboración do borrador
- Composición e publicación
Os criterios de avaliación serán os seguintes:
- Comprende os contidos dun tríptico
- Identifica as partes e elementos básicos do folleto
- Manexa a ferramenta de marcadores sociais (Clipboard): crea un cartafol, reclipea…
- Selecciona con criterio e etiqueta adecuadamente as fontes
- Planifica o uso das fontes e integra a información seguindo a guía proporcionada
- Elabora o borrador atendendo o contexto comunicativo
- Bosquexa todas as partes de acordo coas características do xénero
- Revisa o texto para melloralo
- Publica axustando os contidos e co formato axeitado
- Segue todo o proceso de publicación