Imos elaborar un folleto que achegue información e consellos sobre os blogues e redes sociais. Pero centrándonos no seu lado positivo, en propostas de uso produtivo. Tomará o formato dun tríptico e, se consegues que teña suficiente calidade e interese, publicarase e difundirase desde a revista dixital do IES. Velaquí os pasos que hai que … Seguir lendo
Filed under tarefas …
Marcadores sociais
Os marcadores sociais son aplicacións para gardar online, organizar e compartir os nosos sitios favoritos. Algúns dos servizos máis coñecidos son Delicious, Diigo, Mister Wong ou Pinterest. Para comprender como funcionan, podes ver: esta aproximación este vídeo con lendas Imos manexar un servizo de marcadores, Clipboard, que nos servirá máis adiante para ter accesíbeis fontes … Seguir lendo
Unha entrevista animada
Antes de máis nada: lembras ben o que son as entrevistas de traballo? Que imos facer? Imos crear unha escena animada que recolla unha entrevista de traballo entre alguén que opta a un emprego e a persoa encargada da selección; ou ben entre un traballador/a e a súa xefa ou o seu xefe. Pero ese diálogo … Seguir lendo
Os xéneros xornalísticos II
Para realizar só cando estea rematado Xéneros xornalísticos I Empregaranse fontes en galego e redactarase tamén nesta lingua Agora imos manexar os textos de actualidade. Entre toda a aula, confeccionaremos un mural con exemplos para cada un dos principais xéneros: un mural cunha noticia seleccionada por cada un/unha de vós, outro mural con entrevistas… Cada … Seguir lendo
Diario de reseñas 2.2
Para continuar compoñendo despois de realizar as partes de identificación. Trátase dunha adaptación dunha secuencia elaborada polo profesor Carlos Díez. Trátase de rematar a reseña coas partes da valoración: cualificación + análise con comentario sobre o seu valor + recomendación. 3. CUALIFICACIÓN Entramos, logo, na parte valorativa. De inicio, vas darlle unha puntuación ao relato, segundo … Seguir lendo
Diario de reseñas 2.1
Para realizar logo da actividade inicial e mais da interactiva presentadas en Schoology. Consta de dúas partes, polo que non debes publicar ata rematar a segunda. Deixa o traballo como borrador. Trátase dunha adaptación dunha secuencia elaborada polo profesor Carlos Díez. Vas crear unha anotación de blogue para recomendar -ou non- a lectura dun libro. … Seguir lendo