Como blogueo?

Para aproveitar o labor na web, participaredes nun blogue (blog, bitácora, caderno dixital) propio. A calidade dese caderno, no que vos expresaredes segundo os vosos intereses e no que recolleredes os resultados das tarefas asignadas, ten un valor moi importante na nota final.

escritaEse blogue estará ben levado se se seguen estes criterios:

  • Compoño de maneira adecuada e atractiva as anotacións ou post: cun título certeiro, mostrando o propósito co que escribo, con contidos interesantes, ben presentados e ordenados con claridade, con uso de recursos tipográficos (negriña, numeración, viñetas…), cunha extensión non excesiva (poucos parágrafos) e con apelación aos posíbeis lectores, favorecendo a súa participación.
  • Uso hipertexto e multimedia incrustada: ligazóns a sitios fiábeis e relevantes nas anotacións, incorporación de imaxes acordes co contido, vídeos de interese…
  • Respecto os dereitos de autor: cito e ligo as fontes cando reelaboro información, emprego só imaxes propias ou con licenza Creative Commons, etc.
  • Coido a lingua: traballo o borrador para a mellora da expresión, corrixo os erros gramaticais e ortográficos, etc.
  • Coido a organización da información do blogue: mostro os obxectivos, uso axeitadamente as categorías (cando menos unha chamada tarefas e algunhas outras relacionadas co ámbito profesional do que se falará) e tamén etiquetas, mostro os comentarios, uso sindicación rss, etc.
  • Publico contidos con frecuencia e progresiva autonomía, por iniciativa propia.
  • Intercambio ideas nos comentarios, tanto nos blogues dos compañeiros como respondendo aos recibidos no propio.
  • Interésome por aprender a escribir no propio caderno dixital coa lectura dos blogues recomendados e outros de interese.

Deixar un comentario