Diario de reseñas 2.1

Para realizar logo da actividade inicial e mais da interactiva presentadas en Schoology.

Consta de dúas partes, polo que non debes publicar ata rematar a segunda. Deixa o traballo como borrador.

Trátase dunha adaptación dunha secuencia elaborada polo profesor Carlos Díez.

Vas crear unha anotación de blogue para recomendar -ou non- a lectura dun libro. Para elaborar esa reseña, comezarás coas dúas partes de identificación: ficha informativa e resumo.

Para comezar, lerás cando menos dous relatos deste libro (galego) ou ben estoutro (castelán).

Despois da lectura, engade un artigo no blogue colectivo co título da obra e comeza a escribir o borrador da túa reseña seguindo estas indicacións:

1. FICHA INFORMATIVA

Compón a ficha coa información necesaria para situar a obra e o seu autor no tempo e no espazo, incluíndo os datos técnicos máis importantes (editorial, clase de obra, se ten ilustracións…), que atoparás na portada e contraportada. Aquí tes un modelo.

Engádelle á ficha os seguintes elementos multimedia: ligazón sobre o nome do autor á súa entrada na Galipedia (se é en galego) ou na Wikipedia (se é en castelán), imaxe da cuberta do libro.

2. RESUMO

Realiza unha síntese do contido dun dos relatos. Ten en conta que se un dos obxectivos da reseña é animar a que se lea, non podes revelar o final! Relé o relato para:

  • Identificar o tema do que trata e recoller os datos máis importantes sobre os personajes, o tempo e o espazo.
  • Distinguir e distribuír os feitos principais nun esquema atendendo á estrutura narrativa (planteamento, nó e desenlace).
  • Escribir o borrador do resumo unindo todos os elementos anteriores por medio dos conectores oportunos (en galego, en castelán).

O resumo deberá ocupar unhas 5-6 liñas. Para resumir ben, sigue estes consellos:

  • Selecciona só o máis importante. Xeneraliza e non te deteñas en detalles. 
  • Evita a primeira persoa e as opinións.
  • Usa as túas propias palabras, non copies frases literais do texto. 
  • Non escribas frases soltas, emprega os conectores adecuados (en especial, os de tempo: pouco antes, daquela, logo, despois, máis tarde, ao mesmo tempo, etc.) para ligar as informacións.

Lembra: non publiques aínda. Continúa coa segunda parte.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s